Este documento audiovisual recolle unha actividade escolar desenvolvida no CEIP de Abelendo no marco da iniciativa "21 días en galego", destinada a fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado. No vídeo, estudantes de 4º, 5º e 6º de primaria participan en regueifas, unha tradición oral galega baseada na improvisación poética e no enfrontamento dialéctico. A actividade combina creatividade, expresión oral e coñecemento da cultura popular. Ademáis, promove valores como o respecto, o traballo en equipo e a autoestima lingüística.
O documento serve como exemplo do papel da escola na transmisión e normalización do galego. Así mesmo, pon en valor a tradición oral como ferramenta educativa e identitaria.
A calidade do son e da imaxe é básica, pero suficiente para comprender a actividade. O documento presenta un alto interese etnográfico ao recoller unha tradición oral galega en contexto escolar.
A relevancia escénica vén dada pola participación espontánea do alumnado e polo valor cultural e educativo da regueifa.








