Título do documento: Alalá nº 115: "Regueifa en Bergantiños" · TVG
Tipo de contido: Documental / reportaxe
Tipo de material: Vídeo
Código da ficha: NJ06
Ligazón directa ao contido: https://youtu.be/rsAHJSya2IQ?si=WauGYaoUyAoyvMVG 🡥
Fonte de procedencia: YouTube
Persoa/s informante/s ou participante/s: TVG, cos regueifeiros Guillermo da Rabadeira e Fermín de Feiranova
Evento ou contexto: Programa Alalá de TVG
Lugar exacto: Bergantiños (Costa da Morte) 🡥
Data: 16/06/2009
Lingua empregada: Galego
Centro: Alumnado de Artes Escénicas e Danza do IES do Milladoiro

Ao visualizar este vídeo, estarás aceptando a política de privacidade de Youtube

Alalá nº 115: "Regueifa en Bergantiños" · TVG

Documental / reportaxe

É un capítulo dedicado á regueifa de Bergantiños, unha forma de improvisación en verso e poesía oral, que se interpreta en festas populares. No vídeo vemos regueifeiros tradicionais en acción, competindo en versos rimados con rapidez. O documento mostra como a regueifa segue tendo importancia cultural e como se segue preservando ao longo do tempo en medios rurais.

Observacións:

A calidade do son e imaxe é clara e sinxela, xa que é da produción dun canal televisivo. Ten un alto interese etnográfico, xa que documenta unha práctica de tradición oral viva. A relevancia estética reside na forza de expresividade da palabra de maneira improvisada.

Fichas relacionadas