Título do documento: Alalá nº14: "Concha de Luneda” · TVG
Tipo de contido: Entrevista
Tipo de material: Vídeo
Código da ficha: AILN09
Fonte de procedencia: YouTube
Persoa/s informante/s ou participante/s: Regueifeiros e periodista.
Evento ou contexto: Entrevista
Data: 16/05/2006
Lingua empregada: Galego
Centro: Alumnado de Artes Escénicas e Danza do IES do Milladoiro
Entrevista
Alalá sitúanos entre as provincias de Pontevedra e Ourense, a moi pouquiña distancia de Portugal. Nesta zona, concretamente no concello da Cañiza, vive Concepción Rodríguez Álvarez, máis coñecida por Concha de Luneda. Unha muller entrañable que conserva viva a tradición oral e musical desta zona de forte influencia portuguesa. De feito, entre as pezas que lle oiremos cantar, acompañada por Xerardo, Patricia e María, membros do grupo Xistra de Coruxo, haberá algunha con letra en portugués.








