Título do documento: Alalá nº164: “Felicia!" · TVG
Tipo de contido: Entrevista
Tipo de material: Vídeo
Código da ficha: AILN08
Ligazón directa ao contido: https://youtu.be/VyNjNWGjOC8?si=0Ie5uQFvQIxVHuDt 🡥
Fonte de procedencia: YouTube
Persoa/s informante/s ou participante/s: Regueifa, alumnos
Evento ou contexto: Entrevista.
Lugar exacto: Pontevedra, Pareces. 🡥
Data: 30/11/2010
Lingua empregada: Galego
Centro: Alumnado de Artes Escénicas e Danza do IES do Milladoiro

Ao visualizar este vídeo, estarás aceptando a política de privacidade de Youtube

Alalá nº164: “Felicia!" · TVG

Entrevista
A muller que presentan en Alalá é unha auténtica xoia. Primeiro, porque toca un instrumento que estaba prácticamente desaparecido. Os expertos din que xa se tocaba na idade media e que estaba moi ligado ao camiño portugués. De feito, o instrumento componse dunha cabaza, unha cuncha de vieira que leva enriba e duns dedais que se empregan para tocar. Felicia tócao desde que era pequena, porque llo escoitaba tocar a súa avoa da que tamén aprendeu un montón de coplas. Pero o mellor de todo é que Felicia, con 81 anos, é unha muller incansable, pura enerxía; de feito, tódolos venres e sábados sae cos fillos e netos a tocar polos seráns, polos furanchos, e non hai maneira de levala para casa ata as cinco da mañá. Felicia é retranqueira, divertida, marchosa, picante. No programa de hoxe seguro que imos aprender moito con ella.
Fichas relacionadas